Antonio Cánovas del Castillo y Vallejo, máis coñecido polo pseudónimo Kâulak, nado en Madrid o 22 de decembro de 1862 e finado ibídem o 13 de setembro de 1933, foi un fotógrafo español.

Traxectoria Era sobriño do Presidente do Goberno de España Antonio Cánovas del Castillo. En 1901, colaborou cos fotógrafos de orixe suíza, Oscar Hauser Muller e Adolfo Menet Kurstiner, que fundaran en Madrid unha empresa de artes gráficas, a casa Hauser y Menet, moi coñecida polas súas series de postais. Entre os 1904 e 1933 puxo en marcha o estudo Kâulak no número 4 da rúa Alcalá,Anteriormente foi o estudio do tamén fotógrafo Antonio Portela Paradela. converténdose nun dos máis prestixiosos de Madrid. No seu estudo retratou a familia real, a aristocracia e a burguesía. Foi membro fundador da Sociedade Xeral de Fotógrafos de España e en 1918 cofundou a sociedade nacional de empresarios Unión Fotográfica. Ao final da súa vida lograra formar un grande arquivo fotográfico, constituído na actualidade por unhas 58 000 imaxes, entre negativos e positivos, que son propiedade do Estado e que se conservan na Biblioteca Nacional de España.

Véxase tamén

Bibliografía , Juan Miguel (2016). Kaulak. Vida y obra del fotógrafo Antonio Cánovas del Castillo Vallejo (1862-1933) (tese de doutoramento). Cidade Real: Universidade de Castela-A Mancha. , Juan Miguel (2018). «Kâulak y el retrato fotográfico. Visualidad y repentismo». Archivo Español de Arte 91 (363): 269-284. . . Outros artigos Hauser y Menet Ligazóns externas "Antonio Cánovas del Castillo, “Kaulak” [1862-1933"] Concello de Toledo .

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Fotógrafos de España