Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Hatz
Vera Hatz (de solteira: Vera Jammer), nada o 15 de agosto de 1923 en Hamburgo e finada o 18 de outubro de 2010 en Eutin, foi unha numismática alemá.Stanisław, S. (2011). Wiechmann, R.; Ilisch, P. (2011).
Traxectoria Logo dos seus primeiros estudos en Hamburgo e en Jena, en 1945 establece contacto co profesor Walter Hävernick, que resultará crucial na súa carreira posterior. Con el naceu o seu interese pola moeda dos séculos X e XI e baixo a súa dirección doutorouse en 1951 na Universidade de Hamburgo cunha tese sobre os inicios das cuñaxes de moeda en Saxonia.Tese publicada en 1952: Die Anfänge der Münzprägung im Herzogtum Sachsen (10. und 11. Jahrhundert). Museum für Hamburgische Geschichte. Hamburgo.Wiechmann, R.; Ilisch, P. (2011). Páxina 36. Xunto co seu marido, o numismático Gert Hatz, e Peter Berghaus, pertenceu á denominada "escola numismática de Hamburgo".Stanisław, S. (2011). Páxina 242.
Desde o mesmo ano do seu doutoramento comezou a colaborar co Museo de Historia de Hamburgo, que dirixía Hävernick, e en 1954, no marco da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, trasladouse a Estocolmo, onde comezou a dedicarse á sistematización da moeda alemá dos séculos X e XI provenientes dos achados monetarios do período viquingo en Suecia. Logo do seu casamento con Gert Hatz en 1957 comezou un período de frecuentes estadías en Suecia, en ocasións na compaña de Peter Berghaus. Tiñan o prixecto de publicar os achados no marco dun programa internacional e, como punto de partrida, en 1961 Vera publicou un primeiro estudo acerca dos pfennige de Otón III e a súa avoa Adelaida, que resultou fundamental ata os nosos días pola clasificación que se fai destas moedas.Véxase (1961) en "Publicacións".Wiechmann, R.; Ilisch, P. (2011). Páxina 37. Logo doutras publicacións de carácter parcial, entre 1975 e 2010 publicouse o compendio do resultado dos seus traballos en Suecia, coa obra Corpus Nummorum Saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt, composta por nove volumes.Wiechmann, R.; Ilisch, P. (2011). Páxina 38.
Xunto co seu marido, Gert Hatz, atópase entre os numismáticos máis importantes especializados na Idade Media, sinaladamente nas moedas e na historia do diñeiro dos séculos X e XI.
Recoñecementos
1979 : Medalla Elias Brenner da Sociedade Numismática de Suecia."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänster inom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen. 1993: Comendadora da Orde da Estrela Polar (Suecia).Stanisław, S. (2011). Páxina 244. 2003: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres (xunto con Gert Hatz)."The Society's Medal". The Royal Numismatic Society. 2007: Medalla Gunnar Holst, da Fundación Numismática Gunnar Holst, de Gotemburgo, Suecia (xunto con Gert Hatz)."2007 års pris från Gunnar Holsts stiftelse för numismatik". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Decembro de 2007. Páxina 184. 2007: Membro de honra da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
Publicacións
Monografías Estas son algunhas das monografías que caracterizan a produción de Vera Hatz ao longo da súa carreira. As publicadas antes do seu matrimonio con Gert Hatz (1956) amosan como nome da autora Vera Jammer (o apelido de solteira):"Hatz, Vera" e "Jammer, Vera". En WorldCat."Vera Hatz, geb. Jammer (*1923 †2010). Schriftenverzeichnis". Coingalery.de
(1952): Die Anfänge der Münzprägung im Herzogtum Sachsen (10. und 11. Jahrhundert). Museum für Hamburgische Geschichte. Hamburgo. (1956): Mynten i de lapska offerplatsfynden. Uppsala Almqvist & Wiksells Boktryckeri. Uppsala. (1961): Zur Frage der Otto-Adelheid-Pfennige : Versuch e. Systematisierung auf Grund d. schwedischen Fundmaterials. Almqvist & Wiksell. Estocolmo. (1965): Die ungarischen Münzen in den schwedischen Funden der Wikingerzeit. F. Steiner. Wiesbaden. (1968): Deutsche Münzen des 11. Jahrhunderts nach byzantinisch-arabischem Vorbild in den schwedischen Funden der Wikingerzeit (con U. S. Linder e N. L. Rasmusson). Almqvist & Wiksell. Estocolmo. (1981): Antwerpener Prägungen aus den schwedischer Münzfunden der Wikingerzeit. Münster. (1988): Commentationes numismaticae 1988 : Festgabe für Gert und Vera Hatz zum 4. Januar 1988 dargebracht (con P. Berghaus e G. Hatz). Tietjen. Hamburgo. ISBN 978-3922451044 (1991): Otto-Adelheid-Pfennige : Untersuchungen zu Münzen des 10./11. Jahrhunderts (con G. Hatz et al.). Kungliga Vitterhets Historie och Antikvitets Akademien. Estocolmo. ISBN 978-9171928276 (2001): Die deutschen Münzen des Fundes von Burge I, Ksp. Lummelunda, Gotland (tpq 1143) : ein Beitrag zur Ostfälischen Münzgeschichte (con G. Hatz). Kungliga Vitterhets Historie och Antikvitets Akademien. Estocolmo. ISBN 978-9174023169 (2003): Schwedische Münzen und Medaillen in Hamburger Autionskatalogen des 18. Jahrhunderts (con G. Hatz). Estocolmo.
Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt
Participación na obra colectiva (1975-2010): Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt. Almqvist & Wiksell International. Estocolmo (1975): Gotland (1): Akebäck-Atlingbo. ISBN 9789174020007 (1977): Gotland (2): Bäl-Buttle. ISBN 9789174020687 (1979): Dalarna: Falun-Rättvik. ISBN 9789174020830 (1982): Gotland (3): Dalhem-Etelhem. ISBN 9789174021400 (1982): Gotland (4): Fardhem-Fröjel. ISBN 9789171925404 (1983): Östergötland: Älvestad-Viby. ISBN 9789171925848 (1985): Skåne (1): Åhus-Grönby. ISBN 9789171926395 (1987): Skåne (2): Maglarp-Ystad. ISBN 9789171926784 (2010): Blekinge: Bräkne-Hoby - Sölvesborg. ISBN 9789174023930
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Berghaus, P. et al. (1988). Commentationes Numismaticae 1988. Festgabe für Gert und Vera Hatz zum 4. Januar 1988 dargebracht. Hamburgo. ISBN 3-922451-04-7 Suchodolski, S. (2011). "Dr Vera Hatz (1923-2010)". En Wiadomości Numizmatyczne. Komitet Nauk Historycznych PAN. Nº 1-2. Páxinas 242-244. ISSN 0043-5155 (en polaco) Wiechmann, R.; Ilisch, P. (2011). "Vera Hatz". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad . Nordisk Numismatisk Union. Nº 1. Febreiro. Páxinas 36-39. (en dinamarqués)
Ligazóns externas
Medalla en memoria de Vera Hatz, creada por Peter-Götz Güttler
Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Membros da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Hamburgo Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Personalidades sen imaxes