José Víctor Neira Calzadilla, máis coñecido como Vituco Neira, nado en Aríns (Santiago de Compostela), é un músico galego.
É coñecido principalmente por ser o líder, vocalista e guitarrista do grupo de rock Ruxe Ruxe. Forma parte tamén das bandas Barbitúricos e Malabesta e traballou durante anos na radio, presentando o programa musical Planeta furancho, na Radio Galega, e colaborando noutros programas como Aberto por reformas. Nos últimos anos traballa no Diario Cultural.
Traxectoria En 1996, xunto a outros amigos do instituto formou a banda Ruxe Ruxe, converténdose no vocalista e guitarrista do grupo. En 1999 sacaron o seu primeiro disco, ao que seguiron outros catorce durante as seguintes dúas décadas, así como concertos por toda a Península e mesmo fóra dela. En 2014 formou un grupo en paralelo a Ruxe Ruxe, chamado Barbitúricos, para o que se xuntou con Xurxo Pinheiro (Xenreira, Malandrómeda) e José Manuel Piedra (Desequilibrio mental, Astarot), e ao que máis tarde se uniu Fidel Vázquez. En abril de 2023 presentouse o grupo Malabesta no que Vituco forma parte como vocalista compartindo proxecto con X.M. Piedra na percusión e os músicos de jazz David Regueiro na guitarra, Ismael Cabaleiro no violín e Diego de Lera no contrabaixo.
Traballou na radio, colaborando no programa Aberto por reformas, presentado por Xurxo Souto na Radio Galega, e en 2009 comezou a presentar o seu propio programa musical, Planeta furancho, en Radio Galega Música. En febreiro de 2015 Vituco Neira anunciou que o 29 de maio dese ano, e despois de máis de 1400 programas, estaba prevista a última emisión do programa, o que provocou protestas e mobilizacións do sector musical galego, chegando o tema incluso ao Parlamento de Galicia. Actualmente forma parte do equipo do Diario Cultural da Radio Galega e escribe sobre música galega no semanario cultural "Faro da Cultura" do xornal Faro de Vigo.
Discografía miniatura|Entrevista no 2017. Con Ruxe Ruxe
Ruxe-Ruxe (1999) Non temos medo (2000) A terra dos comentos (2002) Fervendo (2004) Comercial (2006) Xigantes (2008) Na fura de diante (2010) Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) Némesis (2014) Un mundo perfecto (2015) 20 segundos (2016) BSO "Alén do Cosmos" de Pedro Pablo Alonso. (2016) Petos Furados (EP, 2019) Alfaia Punk (EP, 2020) O estraño falar dun monstro da aldea (2020) Unha noite no interior dunha faísca (2023) Xabral (2025)
Con Barbitúricos
Barbitúricos (dobre sinxelo, 2016) Con Malabesta
Cabezas de Dragón (LP, 2024)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ruxe Ruxe Xurxo Souto Xosé Bocixa
Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Nados no século XX