miniatura|230x230px|Sinagoga Maisel. Sinagoga Maisel (en ) é un dos monumentos históricos da Praga. Foi construída a finais do século XVI, que está considerada como a idade de ouro do ghetto. Dende entón a súa aparencia mudou varias veces, e o seu estilo actual é neogótico. Hoxe en día a sinagoga pertence á Comunidade xudía de Praga e é administrado polo Museo Xudeu de Praga como parte das súas exposicións.
Características A sinagoga Maisel foi proxectada por Josef Wahl e Juda Goldsmied de Herz e construída entre os anos 1590 e 1592 co financiamento do daquela alcalde de Josefov, Mordecai Maisel, quen ademais financiou a extensa reconstrución do gueto en estilo renacentista.
O edificio orixinal sufriu un incendio en 1689 e restaurouse en estilo barroco. Finalmente, foi anovada en estilo neogótico segundo o proxecto de A. Grotte entre 1893 e 1905. Todo o que quedou da antiga disposición renacentista foron as tres naves da sala central coa galería para as mulleres no andar superior.
No presente, a sinagoga Maisel emprégase como sala de exposición e depósito do Museo xudeu de Praga.
Notas
Categoría:Museos de Praga Categoría:Sinagogas de Praga