Migas de pan é un filme uruguaio-galego de 2016 dirixido por Manane Rodríguez. Está protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos. Foi escollido como candidato do Uruguai para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Na 15ª edición dos Premios Mestre Mateo, o filme foi nomeado en tres categorías, mellor filme, mellor guión e mellor maquillaxe e peiteado, mais finalmente non conseguiu ningún dos galardóns.
Estreouse en galego o 6 de marzo de 2021 na tvG2.
Sinopse A moza Liliana Pereira (Justina Bustos), en Montevideo, universitaria e nai dun bebé, participa nas loitas estudantís contra a ditadura cívico-militar no seu país. Xunto a outras mulleres, é secuestrada, encerrada e torturada, e desposuída da patria potestade do seu fillo. O apoio mutuo coas súas compañeiras de reclusión fortalécea e acompáñaa. Tras anos de exilio en España, e ó decatarse de que será avoa, Liliana Pereira (Cecilia Roth) decide volver ó Uruguai para participar coas súas excompañeiras na denuncia do inferno sufrido na súa mocidade e para recuperar os vínculos sentimentais co seu fillo.
Elenco
Cecilia Roth como Liliana Pereira Justina Bustos como Liliana Pereira (moza) Patxi Bisquert Ernesto Chao María Pujalte Margarita Musto Quique Fernández Andrea Davidovics Ignacio Cawen Stefanía Crocce Sonia Méndez Nuria Fló Inés Lage Sergio Quintana María Vidal Artur Trillo
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado15ª ediciónMellor filmeManane RodríguezNomeadoMellor guiónManane Rodríguez, Xavier BermúdezNomeadosMellor maquillaxe e peiteadoSusana Veira, Yolanda Sousa, Mariana Correa, Sandra Ramos, María Laura ReboraNomeadas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Uruguai propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes do Uruguai Categoría:Filmes dirixidos por Manane Rodríguez Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego