miniatura|250px|Xibardo no P. N. dos Abrolhos O Parque Nacional Mariño dos Abrolhos é un parque nacional do Brasil que está localizado no sur do litoral do estado de Baía, no arquipélago dos Abrolhos.
Características Foi o primeiro parque do Brasil que recibiu o título de "Parque Nacional Mariño", polo decreto n° 88.218, de 6 de abril de 1983. Está administrado polo Instituto Chico Mendes de Conservação da Biodiversidade (ICMBio). O parque é de extraordinaria importancia para o ecosistema brasileiro, xá que abriga a maior biodiversidade mariña de todo o océano Atlántico sur.
Nesta rexión sucede a famosa temporada das baleas xibado, que escollen as augas quentes do mar baiano para a súa reprodución e aleitamento das crías, e propician a práctica do whale watching ou turismo de observación de baleas, sendo un dps máis importantes destinos turísticos deste tipo no mundo.Observação de baleias pelo mundo Consultado o 15 de febriro de 2020. Considérase o lugar reprodutivo máis grande desta especie en todo o Atlántico suroccidental.
Por outra parte, un pequeno número de baleas francas austrais tamén comezaron a volver a Abrolhos despois de moitos anos de perigo.Baleia-franca é reavistada em Abrolhos com filhote de pigmentação rara en Instituto Baleia Jubarte. Consultada o 15 de febreiro de 2020.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Arquipélago dos Abrolhos
Ligazóns externas Ilhas de Abrolhos .
Categoría:Parques nacionais do Brasil Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1983 Categoría:Estado da Baía