O Reino de Francia Occidental ou Reino Franco Occidental (orixinalmente en latín, Regnum Francorum Occidentalium ou Francia Occidentalis ) era o reino baixo o control de Carlos II o Calvo (840 - 877) despois do Tratado de Verdun de 843, que dividiu o Imperio Carolinxio dos francos en Oriental, Occidental e Media. É o precursor do Reino de Francia e da Francia moderna.

Dividíase en grandes feudos: Aquitania, Bretaña, Borgoña, Flandres, Gascuña, Gotia (Cataluña e Septimania), a Illa de Francia e o condado de Tolosa. Despois do 987, o reino comezou a chamarse Francia, debido a que a nova dinastía gobernante (a Capeto) era orixinalmente duques da Illa de Francia. miniatura|As divisións do Imperio Carolinxio segundo o Tratado de Verdún (843). En laranxa a Francia occidentalis. Este mapa había sufrir importantes modificacións co Tratado de Meerssen (870).|centro Notas

Categoría:Territorios carolinxios Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Reinos antigos