O Arquivo Sarabia é unha colección de fotografía de tres dos irmáns da familia Sarabia González, Xosé (1870-1907), Constantino (1875-1966) e Enrique (1881-1959), fotógrafos orixinarios da aldea Sabugueiro de Arriba (Castrelo, San Xoán de Río). miniatura|Cemiterio de Pereiró. Traxectoria Fillos de Manuel Sarabia e Rosa González, tiñan o seu estudio en Vigo, no número 30 da rúa Elduayen. As primeiras referencias de fotografía publicadas polos irmáns Sarabia aparecen na revista Vida Gallega. No ano 1910, aparece reproducida unha vista do Castro de Caldelas asinada por Enrique.
Trala morte do último irmán, Constantino, boa parte do arquivo desapareceu. Os membros da familia Sarabia están soterrados no Cemiterio de Pereiró, baixo o monumento encargado polo seu cuñado, José Gil, á Francisco Asorey.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Sendón, Manuel e Suárez, X. L. (1994). Álbum Arquivo Sarabia. Centro de Estudos Fotográficos. ISBN 84-87882-06-4. Rubio, Olivia María (dir.) (2014) Diccionario de Fotógrafos Españoles. Del siglo XIX al XXI p. 539. La Fábrica. ISBN 978-84-15691-09-9 . Rodríguez, M.ª José e Sanchís, José Ramón (2013). Directorio de fotógrafos en España (1851-1936). Deputación de Valencia. ISBN 978-84-7795-673-0 .
Ligazóns externas PARES. Portal de Archivos Españoles Ministerio de Cultura .
Categoría:Fotografía en Galicia