Try It On é o sétimo EP da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, publicado o 16 de abril de 2011. Está formado por tres remesturas de "Try It On" (feitas por Salem, Banjo or Freakout, e Ikonika), e orixinalmente foi editado nun vinilo vermello de 12" en Europa a través do selo Soft Limit para celebrar o Record Store Day. O lanzamento do EP limitouse a 300 copias.
Matador Records editou o EP en 12" nos Estados Unidos o 12 de xullo dese mesmo ano. O mesmo día Soft Limit lanzou unha edición dixital en Europa que incluía unha cuarta remestura, "The Undoing", realizada polo artista irlandés Moths.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:EPs de Interpol Categoría:EPs musicais de 2011 Categoría:EPs de Matador Records