Shirley Ann Jackson, nada o 5 de agosto de 1946, é unha física estadounidense, e a décimo oitava presidenta do Instituto Politécnico Rensselaer. Recibiu o seu doutoramento en física nuclear no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1973, converténdose na primeira muller afroamericana en conseguir un doutoramento no MIT. É tamén a segunda muller afroamericana dos Estados Unidos en obter un doutoramento en física.
Traxectoria Jackson naceu en Washington, D.C.. Os seus pais, Beatrice e George Jackson, fomentaron a súa educación. O seu pai impulsou o seu interese na ciencia, axudándoa nos proxectos para as clases de ciencia. No Instituto de Roosevelt, Jackson graduouse en 1964 coas mellores cualificacións.
Jackson empezou a estudar no MIT en 1964, sendo unha dos vinte alumnos afroamericanos e a única estudando física teórica. Sufriu discriminación por parte dos seus compañeiros, pero elixiu quedar no MIT para a súa tese de doutoramento.
Finalizou a súa tese en Física de partículas en 1973, sendo a primeira muller afroamericana en obter un grao de doutoramento no MIT. Jackson é tamén a segunda muller afroamericana nos Estados Unidos en obter un doutoramento en física.
Posteriormente, dirixiu laboratorios de Física tanto en Europa coma nos Estados Unidos. Ademais, durante 15 anos colaborou cos Laboratorios Bell, onde fixo importantes avances en telecomunicacións: fax portátil, os cables de fibra óptica e a tecnoloxía do identificador de chamadas e a chamada en espera.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Mulleres en física
Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Georgetown Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Harvard Categoría:National Medal of Science Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Nados en 1946