dereita|miniatura José Rodrigues Vale, nado en Monção, Portugal, o 2 de novembro de 1866 e finado o 7 de febreiro de 1934, foi un poeta portugués coñecido pelo pseudónimo de João Verde.

Admirador da obra de Rosalía de Castro e Lamas Carvajal, mantivo certa relación con Curros Enríquez, Filomena Dato e García Ferreiro. Foi autor de varios poemas en galego e portugués. Colaborou na revista Branco e Negro Branco e Negro : semanario illustrado (1896-1898) [copia digital, Hemeroteca Digital] (1896-1898). Tamén colaborou en Vida Gallega e A Terra Minhota. Fundou e dirixiu Aurora do Lima e O Regional. Na súa obra mostrou as vivencias e o seu amor polas paisaxes miñotas.

En 1936 a Câmara de Monção reproduciu en azulexo un poema seu do libro Ares da Raya, que foi colocado nun miradoiro sobre o río Miño.

Obra

Musa minhota (1897). N´Aldeia (1890) Ares da Raya (1902). Vigo.

Notas

Categoría:Nados no distrito de Viana do Castelo Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa