Sang-e saboor (en ) é un filme franco-afgán de 2012 dirixido por Atiq Rahimi, que se basea na súa novela homónima de 2008. Escrito por Jean-Claude Carrière e o propio director, está protagonizado por Golshifteh Farahani, Hamid Djavadan, Massi Mrowat e Hassina Burgan. Foi escollido como candidato de Afganistán para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 85ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Golshifteh Farahani foi nomeada á actriz máis prometedora na 39ª edición dos Premios César.
Personaxes Golshifteh Farahani como a muller Hamid Djavadan como o home Hassina Burgan como a tía Massi Mrowat como o soldado Mohamed Al Maghraoui como o mulá Malak Djaham Khazal como o veciño Marwa Safa Frotan como a muller de nena Sofia Frotan como irmá da muller Yesna Frotan como a irmá máis pequena da muller
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Afganistán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua dari Categoría:Filmes de Afganistán Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes ambientados en Afganistán Categoría:Filmes sobre temas médicos