Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.

miniatura|8 reais da República Federal de Centroamérica de 1831.

O real foi a moeda de curso legal da República de Centroamérica e da República Federal de Centroamérica a partir de 1824. O seu múltiplo en ouro era o escudo, que equivalía a dezaseis reais de prata. A derradeira cuñaxe a nome da Federación produciuse en 1851.

Moedas miniatura|Moeda de ouro de 1834 con valor de 4 escudos, como múltiplo do real de prata.

O real da República Federal de Centroamérica substituíu á par o real colonial español que circulaba ata entón e que seguiu circulando simultaneamente durante anos. As primeiras moedas da Federación foron cuñadas en 1824; un Decreto do 19 de abril dese ano autorizaba unicamente a Casa da Moeda de Guatemala para a produción do circulante que se utilizaría na Federación."Época independiente y Federación Centroamericana ". Museo Numismático de Guatemala. Esa primeira serie guatemalteca compúñase de moedas de prata de 1/4, 1/2, 1 e 8 reais, e de ouro de 1/2, 1, 2, 4 e 8 escudos.Cuñaxes de Guatemala desde 1824: "1/4 real", "1/2 real", "1 real", "8 reais", "1/2 escudo", "1 escudo", "2 escudos", "4 escudos" e "8 escudos". En Numista.

Posteriormente cuñaron tamén as cecas de Honduras (1/2, 1 e 2 reais) e Costa Rica (1/4, 1/2, 1 e 2 reais, e 1/2, 1, 2, 4 e 8 escudos), ata as derradeira cuñaxes de 1851 a nome da Federación.Moedas cuñadas en Costa Rica: "1/4 real", "1/2 real", "1 real", "2 reais", "8 reais", "1/2 escudo", "1 escudo", "2 escudos", "4 escudos" e "8 escudos". En Numista.Moedas cuñadas en Honduras: "1/2 real", "1 real" e "2 reais". En Numista.

Ao constituírense as Provincias Unidas do Centro de América foi expandindo o seu uso nos Estados constitutivos da República de Centroamérica, ata que foi substituíndose progresivamente polos respectivos reais de cada república independente: o real costarriqueño,Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica ". Museos BCCR. o real salvadoreño,Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte I: Un Poco de Historia". Billetes y Monedas de El Salvador. o peso guatemalteco"The History of Guatemalan currency ". Banco de Guatemala., o peso nicaraguano"Reseña Histórica de la Moneda Nacional ". Banco Central de Nicaragua. e o real hondureño"Lempira, peso y real, historias interesantes de nuestra moneda ". En Honduras is Great..

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Historia de América Central

Bibliografía

Jovel, J. R. 1999). Historia numismática de El Salvador en el siglo XIX. 3 volumes. San Salvador. ISBN 9789992376386 Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501

Categoría:Moedas de América Central Categoría:Real (moeda) Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas fóra de curso