El Radical foi un semanario editado en Padrón entre 1903 e 1904.
Historia e características De tendencia republicana, apareceu en decembro de 1903, impulsado e dirixido polo avogado padronés Francisco Javier Artime Pérez.
A finais de 1904 publicou un artigo que foi denunciado polo presidente da Deputación da Coruña, Ramón Tojo Pérez, perante o xulgado municipal de Padrón por inxurias. Curiosamente, o director do semanario e o político eran primos carnais. O 20 de decembro chegou á Audiencia provincial da Coruña e tres días despois Artime foi condenado a catro meses e un día de arresto maior e 250 pesetas de multa o que provocou o peche da publicación e a entrada en prisión de Artime á fin do verán de 1905.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Padrón Categoría:1903 en Galicia Categoría:Prensa republicana