En zooloxía intergradación é a forma na cal dúas subespecies distintas están conectadas por áreas nas que se encontran poboacións que teñen características de ambas. Hai dous tipos de intergradación: primaria e secundaria.

Intergradación primaria A intergradación primaria ocorre en casos nos que dúas subespecies están conectadas por unha ou máis poboaciósn intermedias, cada unha das cales é á súa vez intermedia con respecto ás súas poboacións adxacentes e mostra máis ou menos a mesma cantidade de variabilidade xenética que en calquera outra poboación da especie. As poboacións adxacentes e as subespecies están suxeitas a unha intergradación clinal, e nestas situacións xeralmente está garantido que as clinas están causalmente relacionadas (por selección natural) cos gradientes ambientais.Mayr E, Ashlock PD (1991). Principles of Systematic Zoology. Second edition. McGraw-Hill. .

Intergradación secundaria Cando o contacto entre unha subespecie illada xeograficamente se restablece co principal corpo da especie ou con outras subespecies illadas, ten lugar a hibridación entre elas con tal de que a illada non evolucionase xerando un conxunto efectivo de mecanismos de illamento. En consecuencia, vaise desenvolver unha zona relativamente diferenciada ou cinto de hibridación dependendo do grao de diferenzas xenéticas e fenotípicas ao que chegara a subespecie previamente illada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Especie en anel

Categoría:Xenética de poboacións Categoría:Evolución