Antonio Varela Miguélez, nado en 1911 e finado na Coruña o 13 de xullo de 1937, foi un tipógrafo e sindicalista anarquista galego.

Traxectoria Fillo de Aurora Miguélez Pena. Tipógrafo. Miltante da CNT. Administrador de Brazo y Cerebro. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e participou nas tarefas de reorganización da FAI na Coruña. Foi descuberto na caída da rede clandestina de anarquistas no Barrio das Atochas no verán de 1937 e asasinado no Campo da Rata o 13 de xullo con Alejandro Delgado Fernández e José González González.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1911

Categoría:Finados en 1937