Katharine Burr Blodgett, nada en Schenectady, Nova York, o 10 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 12 de outubro de 1979, foi unha física e inventora estadounidense, pioneira en enxeñaría e química de superficies, e a primeira muller doutora en Física pola Universidade de Cambridge en 1926. Despois de recibir o seu título de máster foi contratada por General Electric, sendo a primeira muller que traballou no laboratorio de Schenectady, onde desenvolveu unha gran carreira científica.

Ao longo da súa carreira obtivo varias patentes, sendo coñecida principalmente por idear o cristal non reflector. O seu invento utilízase agora en cámaras, telescopios, parabrisas, computadores e pantallas de televisión.

Premios e recoñecementos

Medalla Progress da Photographic Society of America, foi a primeira muller en recibilo. Achievement Award of the American Association of University Women. Outstanding Woman of the Year. American Woman Magazine. Medalla Garvan-Olin da American Chemical Society. Doutoramentos honorarios: Elmira College, Western College, Brown University, Russell Sage College. American Physical Society Fellow.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Outros artigos

Mulleres en física

Categoría:Nados no condado de Schenectady, Nova York Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América