Manuel María Carreira Vérez, nado en Vilarrube (Valdoviño) o 31 de maio de 1931 e finado en Salamanca o 3 de febreiro de 2020, foi un teólogo, filósofo e astrofísico galego.

Traxectoria

Nado en Valdoviño, pasou grande partre da súa infancia en Vilalba. Ingresou na Compañía de Xesús en 1948. Estudou na Universidade de Salamanca lingas clásicas e filosofía na Universidade Pontificia Comillas. No 1957 marchou ós EEUU, licenciándose anos máis tarde en Teoloxía. Ordenouse sacerdote no 1960, en West Waden (EEUU) e continuou a estudar física en Cleveland, doutorándse no 1971 en Washington cunha tese sobre os raios cósmicos titorada por Clyde Cowan. Dende ese ano, ensina Física e Astronomía en Washington e Cleveland, e Filosofía da Natureza na Universidade Pontificia de Comillas en Madrid, dividindo o ano escolar entre ámbolos dous países. Durante quince anos foi membro da directiva do Observatorio Vaticano, onde impartiu cursos e traballou no desenvolvemento de técnicas fotográficas para Astronomía. Asemade, asesorou á NASA e ten publicados varios libros.El Progreso, 06/02/2020

Inventou un soporte para prismáticos, polo que se lle concedeu unha patente nos Estados Unidos, e un sistema óptico pregado, referenciado na edición de outubro de 2002 da revista Sky and Telescope.

Obras

Reason, Science & Revelation (2014) con Julio A. Gonzalo. Metafísica de la materia: Núcleos temáticos de Filosofía de la Naturaleza, materia no viviente (2001) ISBN 978-84-8468-034-5. El hombre y el Universo ¿Somos fruto del azar? (2009) ISBN 978-84-92456-76-5 En torno al Darwinismo (2010) ISBN 978-84-936889-7-4

Premios e distincións Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia en 1999.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Currículo en Galicia Dixital Currículo en Web Archive

Categoría:Astrofísicos Categoría:Teólogos católicos Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Xesuítas de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes