Cristina Durán Costell, nada en Valencia en 1970, é unha ilustradora e debuxante. Premio Nacional de Cómic en 2019.

Traxectoria Licenciouse pola facultade de Belas Artes de Valencia na especialidade de debuxo. Mentres estudaba creou o fanzine No Aparcar Llamo GRUA con Miguel Ángel Giner, Robin e Alberto Botella. Posteriormente, en 1993, os catro crearon a empresa LaGRUAestudio, dedicada á ilustración de libros e publicidade, o cómic e a animación. Traballou para que a Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV) retomase a súa actividade en 1997 e foi a súa presidenta entre os anos 2006 e 2009. Tamén foi membro da Xunta Directiva da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP) e da xunta fundadora do European Illustrators Forum (EIF).

Premios e nomeamentos

Finalista do Premio Nacional de Cómic entregado polo Ministerio de Cultura de España por Una posibilidad entre mil (2010) Finalista do Premio Nacional de Cómic entregado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte por La máquina de Efrén (2013) Premio Nacional de Cómic en 2019 como debuxante xunto co guionista Miguel Ángel Giner Bou por El día 3.

Notas

Categoría:Personalidades de Valencia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Debuxantes de España