Pamela Suzette Grier, nada en Winston-Salem (Carolina do Norte) o 26 de maio de 1949 é unha actriz estadounidense. Acadou sona por protagonizar na década de 1970 filmes sobre mulleres no cárcere e de blaxploitation para American International Pictures e New World Pictures, especialmente Coffy (1973) e Foxy Brown (1974). Descrita por Quentin Tarantino como a primeira estrela de acción feminina do cinema, protagonizou para o director o filme Jackie Brown como a personaxe homónima, polo que recibiu un Satellite Award e candidaturas ao Globo de Ouro á mellor actriz e ao premio do sindicato de actores.
Durante seis temporadas, Grier interpretou a Kate "Kit" Porter na serie de Showtime The L Word, que se emitiu entre 2004 e 2009. Recibiu unha candidatura ao Emmy polo seu traballo no programa de animación Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child.
Traxectoria Primeiros anos Para cumprir os seus desexos de ser actriz, aos 18 anos marchou aos Ánxeles a procurar traballo e conseguiu que a contratasen na AIP (American International Pictures), produtora de filmes de baixo orzamento.
Debutou no cinema cun pequeno papel en Beyond the Valley of the Dolls (1970), dirixido por Russ Meyer. Como este filme tivo éxito, contratárona para The Big Doll House (1971), sobre un cárcere de mulleres. Os chamados filmes WIP (Women in Prison) eran moi populares nesa época, e por iso Grier fixo máis do subxénero, como Women in Cages (1972) e Big Bird Cage (1972).
Popularidade Pouco a pouco, Grier fíxose popular protagonizando filmes de blaxploitation, é dicir, filmes baratos destinados principalmente ao público afroamericano, onde os protagonistas eran negros e había grandes doses de violencia. Pam Grier protagonizou filmes como Coffy (1973), Foxy Brown (1974) e Sheba Baby (1975), en que interpretaba mulleres fortes e independentes que tomaban a xustiza pola man para afrontar malvados sen escrúpulos, ante a pasividade e a corrupción das autoridades. Isto fíxoa moi popular, e Grier converteuse nunha icona para a comunidade negra, xunto con outros intérpretes como Tamara Dobson e Richard Roundtree.
A finais da década de 1970, a súa popularidade decaeu e paso a interpretar papeis secundarios en filmes de distinta calidade. Tamén fixo pequenos papeis en series de televisión como Miami Vice o The Fresh Prince of Bel-Air.
Renacemento A súa sorte cambio en 1997 grazas ao director Quentin Tarantino, grande afeccionado aos filmes de blaxploitation, que a converteu na protagonista de Jackie Brown, filme que adaptaba unha novela de Elmore Leonard e que reivindicaba a blaxploitation. O filme tivo un grande éxito e converteuna de novo nunha actriz popular.
Despois de Jackie Brown continuou a traballar asiduamente en filmes de todo tipo, como Holy Smoke (1999) ou Ghosts of Mars (2001), ademais de ser unha das protagonistas da serie de televisión The L Word.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1970 Beyond the Valley of the Dolls Partygoer 1971 The Big Doll House Grear Women in Cages Alabama 1972 The Twilight People Ayesa Cool Breeze Mona The Big Bird Cage Blossom Hit Man Gozelda 1973 Black Mama White Mama Lee Daniels Coffy Coffy Scream Blacula Scream Lisa Fortier 1974 The Arena Mamawi Foxy Brown Foxy Brown 1975 Sheba, Baby Sheba Shayne Bucktown Aretha Friday Foster Friday Foster 1976 Drum Regine 1977 Greased Lightning Mary Jones Twilight of Love Sandra 1981 Fort Apache, The Bronx Charlotte 1983 Something Wicked This Way Comes Dust Witch Tough Enough Myra 1985 Stand Alone Cathryn Bolan 1986 The Vindicator Hunter On the Edge Cora 1987 The Allnighter Sgt. McLeesh 1988 Above the Law Delores 'Jacks' Jackson 1989 The Package Ruth Butler 1990 Class of 1999 Ms. Connors 1991 Bill & Ted's Bogus Journey Ms. Wardroe 1993 Posse Phoebe 1996 Original Gangstas Laurie Thompson 2013: Rescate en L.A. Hershe Las Palmas Mars Attacks! Louise Williams 1997 Fakin' da Funk Annabelle Lee Jackie Brown Jackie Brown San Diego Film Critics Society Award á mellor actrizCandidata—Empire Award á mellor actrizCandidata—Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalCandidata— NAACP Image Award á mellor actriz cinematográficaCandidata—Satellite Award á mellor actriz de comedia o musicalCandidata—Saturn Award á mellor actrizCandidata—Screen Actors Guild Award á mellor actriz protagonista1999 Jawbreaker Detective Vera Cruz In Too Deep Det. Angela Wilson Holy Smoke! Carol 2000 Snow Day Tina Fortress 2: Re-Entry Susan Mendenhall Wilder Detective Della Wilder 2001 Ghosts of Mars Commander Helena Braddock Bones Pearl Candidata—Black Reel Award á mellor actriz cinematográfica 2002 The Adventures of Pluto Nash Flura Nash 2005 Back in the Day Mrs. Cooper 2010 The Invited Zelda Just Wright Janice Wright Machete Maidens Unleashed! Ela mesma2011 Larry Crowne Frances Corman's World: Exploits of a Hollywood Rebel Ela mesma 2012 Woman Thou Art Loosed: On the 7th Day Detective Barrick Mafia James Womack The Man with the Iron Fists Jane 2017 Bad Grandmas Coralee Being Rose Lily 2019 Poms Olive
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Pam Grier Interview at Bright Lights Film Journal Moon Stomper: Pam Grier
Categoría:Nados en Winston-Salem, Carolina do Norte Categoría:Nados en 1949 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Carolina do Norte Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia chinesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia filipina