Para a antiga moeda homónima de Costa Rica, véxase Colón costarriqueño.

O colón foi a unidade monetaria do Salvador desde 1892 ata 2001, cando foi substituído progresivamente no uso polo dólar estadounidense, aínda que oficialmente non deixou de ter curso legal."El dinero en El Salvador ". Banco Central de Reserva de El Salvador.Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte I: Un Poco de Historia". Billetes y Monedas de El Salvador.

O 1 de outubro de 1892, o Goberno do presidente Carlos Basilio Ezeta, decidiu que o anterior peso salvadoreño pasase a denominarse "colón", en homenaxe a Cristovo Colón, do mesmo xeito que faría Costa Rica co seu peso catro anos despois, acolléndose a unha tendencia da época co gallo das celebracións do IV centenario da Descuberta de América, aínda que non foi ata a reforma de 1919 cando o colón substituíu formalmente o peso.

As moedas do sistema do colón foron emitidas a partir de 1934 polo Banco Central de Reserva de El Salvador, organismo gobernamental creado o 19 de xuño dese ano para se encargar da política monetaria do país."Estos son los billetes de colón que salieron hace 85 años en El Salvador". Elsalvador.com

O 1 de xaneiro de 2001 entrou en vigor a Lei de Integración Monetaria, baixo o Goberno do presidente Francisco Flores, que autorizaba a libre circulación do dólar estadounidense no país, cun tipo de cambio fixado en 8,75 colóns.

No momento en que se deixou de cuñar, circulaban moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 centavos (a moeda fraccionaria), e dun colón. Canto ao papel moeda, no momento da súa desaparición circulaban billetes de 5, 10, 25, 50, 100 e 200 colóns, e anteriormente existiran de 1 e de 2 colóns. Aínda que o colón segue a aceptarse legalmente no comercio ao tipo de cambio fixo establecido, en realidade pódese considerar como extinto, xa que nin circula nin se producen emisións con ese valor facial.

Historia

Antecedentes miniatura|Prata cuñada nas cecas das colonias españolas en América Antes da chegada dos españois, no territorio que se bautizou como O Salvador usábase o cacao como moeda."¿Qué es el dinero?". Banco Central de Reserva de El Salvador. A chegada dos conquistadores supuxo a introdución da moeda española, baseada no real de prata. Durante a existencia das Provincias Unidas do Centro de América (ou República Federal de Centro América), o sistema monetario non cambiou con respecto ao colonial e seguiu a utilizarse o real centroamericano como unidade, e o real de oito ou peso como moeda principal.

Logo de disolta a federación en 1841, o Goberno Salvadoreño xa como república independente creou como primeira moeda nacional o real salvadoreño. miniatura|20 pesos de 1892 En 1883, baixo a presidencia de Rafael Zaldívar, promulgouse a primeira lei monetaria, pola que se adoptou o peso salvadoreño como unidade monetaria, inspirado no real de oito español. A nova lei tomou como base o sistema métrico decimal, xa que o peso se dividía en 10 reais (agora como moeda fraccionaria).

A finais do século XIX apareceron os primeiros billetes, cuxa emisión estaba a cargo de bancos privados autorizados polo Goberno. O primeiro banco emisor foi o Banco Internacional, fundado en 1880, e houbo tamén emisións doutros como o Banco Occidental e o Banco Agrícola Comercial.

Nacemento do colón miniatura|Reverso dun billete dun colón de 1920 (con sobreimpresión de 1925) Baixo a presidencia de Carlos Ezeta inaugurouse a Casa da Moeda o 28 de agosto de 1892 e o 1 de outubro do mesmo ano, como homenaxe a Cristovo Colón no IV centenario da Descuberta de América, a Asemblea Lexislativa acordou que o peso pasase a recibir a denominación de "colón".Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte II: El Nacimiento del Colón". Billetes y Monedas de El Salvador.

En 1919 houbo unha nova reforma da lei monetaria, pola que se estipulaba que as moedas gastadas pola circulación fosen retiradas da circulación e as pezas recortadas ou perforadas fosen rexeitadas para o curso legal. Mediante esa reforma, quedou prohibido o uso de fichas privadas e vales en substitución da moeda oficial e, ademais, déuselle ao Ministerio de Facenda a facultade de controlar a circulación da moeda. O colón substituíu entón formalmente o antigo peso como moeda nacional, con valor equivalente e cunha taxa de cambio de dous colóns por cada dólar.

Malia a relativa prosperidade económica dos anos 20, a depresión mundial de 1929 xunto coa caída internacional dos prezos do café e a desregulación estatal do sistema monetario causaron unha crise económica nacional. O problema principal era a carencia dunha institución especializada que se dedicase a velar para que a moeda mantivese o seu valor e a controlar a actividade bancaria; nese sentido, o Goberno do xeneral Maximiliano Hernández Martínez contratou un experto inglés chamado Frederick F. J. Powell para que analizase e reestruturase o sistema bancario salvadoreño. No seu informe final, recomendou que este se organizase en torno a un banco central que emitise a unidade monetaria, que salvagardase o seu valor e que controlase os créditos. Como resultado, por iniciativa da Presidencia da República do 19 de xuño de 1934, a Asemblea Lexislativa aprobou a lei de creación do Banco Central de Reserva de El Ecuador, que fixou o seu obxectivo en controlar o volume do crédito e a demanda de moeda circulante, e ao que se lle conferiu a facultade exclusiva de emitir colóns.

Billetes do colón salvadoreño A denominación de colón comezou a utilizarse nos billetes a partir do 31 de agosto de 1934. A nova institución bancaria puxo en circulación a primeira serie de billetes da historia salvadoreña, con valores de 1, 5, 10, 25 e 100 colóns, aos que se lle engadiu en 1955 o billete de dous colóns e, en 1979, o de cincuenta. O deseño do papel moeda foi cambiando paulatinamente e de xeito individual, e tamén deixaron de emitirse algúns dos valores da serie.Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte III: Tiempos Modernos". Billetes y Monedas de El Salvador.

O Banco Central de Reserva emitiu unha segunda serie de billetes, na que se introduciu o valor de 200 colóns en 1997 e o de 50 colóns en 1995.

Billetes de colóns salvadoreñosImaxe do anversoImaxe do reversoValorCor principalMotivo do anversoMotivo do reverso 250x250px1 colónVermelloCristovo ColónEncoro "5 de noviembre"250x250px250x250px2 colónsMoradoCristovo ColónIgrexa colonial de Panchimalco250x250px5 colónsVerdeCristovo ColónPalacio Nacional250x250px250x250px10 colónsAzulCristovo ColónVolcán de Izalco250x250px250x250px25 colónsVerdeCristovo ColónPirámide de Santo André250x250px250x250px50 colónsMoradoCristovo ColónLago de Coatepeque250x250px250x250px100 colónsVerdeCristovo ColónPirámide del Tazumal250x250px250x250px200 colónsMarrónCristovo ColónMonumento ao Divino Salvador do Mundo

Moedas do colón salvadoreño

Moedas circulantes As moedas emitidas na primeira serie circulante respondían aos valores faciais de 1, 2, 3, 5, 10, 25 (coñecida popularmente como peseta) e 50 centavos (tostón), aos que posteriormente se lles engadiu a moeda dun colón (suegra). Igual que ocorreu cos billetes, algúns destes valores foron desaparecendo co tempo e os que quedaron foron sufrindo modificacións no seu deseño e no seu tamaño.

Moedas circulantes de colóns salvadoreñosImaxeValor facialMotivo do anversoImaxeValor facialMotivo do anverso150x150px|1 centavo de colón salvadoreño1 centavoFrancisco Morazán150x150px|10 centavos de colón salvadoreño10 centavosFrancisco Morazán150x150px|2 centavos de colón salvadoreño2 centavosFrancisco Morazán150x150px|25 centavos de colón salvadoreño25 centavosJosé Matías Delgado150x150px|3 centavos de colón salvadoreño3 centavosFrancisco Morazán150x150px|50 centavos de colón salvadoreño50 centavosJosé Matías Delgado150x150px|5 centavos de colón salvadoreño5 centavosFrancisco Morazán150x150px|un colón salvadoreño1 colónCristovo Colón

Moedas conmemorativas Ademais das moedas cuñadas para a súa posta en circulación ordinaria, realizáronse tamén emisións especiais para conmemorar acontecementos importantes como, por exemplo, o aniversario da independencia, a Descuberta de América ou os acordos de paz. A primeira emisión conmemorativa en colóns foi en 1925 para celebrar os 400 anos da fundación de San Salvador. Consonte o Diario Oficial, só se cuñaron cen moedas de ouro con valor facial de 20 colóns e dúas mil moedas en prata con valor dun colón, que foron distribuídas entre o Presidente da República, o corpo diplomático e outros altos cargos do Goberno.

400 anos da fundación de San Salvador (1925)ImaxeValor facialMotivo do anversoComposición150x150px|1 colón 19251 colón "1 Colon: 400th Anniversary of San Salvador". Numista.Pedro de Alvarado e Alfonso Quiñónez Molina (presidente da República no momento).Prata 25 g150x150px|20 colones 192520 colóns "20 Colones: 400th Anniversary of San Salvador". Numista.Pedro de Alvarado e Alfonso Quiñónez Molina (presidente da República no momento).Ouro 15,56 g

150 aniversario da independencia de Centroamérica (1971)ImaxeValorMotivo do anversoComposición150x150px|un colón 19711 colón "1 Colon: 150th Anniversary of Independence". Numista."La Fecundidad", de Salvador Dalí.Prata 2,3 g150x150px|5 colones 19715 colóns "5 Colones: 150th Anniversary of Independence". Numista.Monumento á independencia e José Simeón Cañas.Prata 11,5 g150x150px|25 colones 197125 colóns "25 Colones: 150th Anniversary of Independence". Numista."La Fecundidad", de Salvador Dalí.Ouro 2,94 g150x150px|50 colones 197150 colóns "50 Colones: 150th Anniversary of Independence". Numista.Monumento á independencia e José Simeón Cañas.Ouro 5,9 g150x150px|100 colones 1971100 colóns "100 Colones: 150th Anniversary of Independence". Numista.O Salvador resaltado en AméricaOuro 10,6 g150x150px|200 colones 1971200 colóns "200 Colones: 150th Anniversary of Independence". Numista.Igrexa colonial de PanchimalcoOuro 23,6 gr

XVII Reunión Anual. Asemblea de Gobernadores do BID (1977)ImaxeValorMotivo do anversoComposición150x150px|25 colón 197725 colóns "25 Colones: 18th Annual BID/IADB Governors' Assembly". Numista.Escudo Nacional do SalvadorPrata 25 g150x150px|250 colones 1925250 colóns "250 Colones: 18th Annual BID/IADB Governors' Assembly". Numista.Escudo Nacional do SalvadorOuro 15,56 g

Unión pola paz e Descuberta de América (1992) ImaxeValorMotivo do anversoComposición150x150px|150 colónes 1992150 colóns "150 Colones United for Peace". Numista.Catro mans entrelazadasPrata 25 g150x150px|150 colones 1992150 colóns "150 Colones Discovery of America". Numista.América e veleiros españoisPrata 25 g

Moedas e billetes non usados miniatura|Moeda de 5 colóns de 2000, coa que se conmemoraba o cambio de milenio."5 Colones: Y2K turn of the Millennium". Numista.

O Banco Central de Reserva investiu un millón e medio de dólares na fabricación de moedas bimetálicas de 5 colóns e billetes de 500 colóns, cuñadas as primeiras e impresos os segundos no Canadá no ano 1997. Porén, a aprobación pola Asemblea Lexislativa da Lei de Integración Monetaria a finais de 2000, que deu paso á "dolarización" del país, impediu a súa posta en circulación, xa que o contrario suporía unha violación da lei.Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte IV: El último suspiro". Billetes y Monedas de El Salvador.González, S. Recordar el pasado es vivir el presente. Páxinas 47-48.Trujillo, D. (2012). "País invirtió $1.5 mills. en colones inutilizados". En El Mundo. 13 de marzo de 2012. Páxina 27.