miniatura|300px|SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán Manuel Ferreirós Espinosa, nado en Pontevedra cara a 1914 e finado na fronte de Teruel o 16 de febreiro de 1938, foi un avogado e investigador galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Ferreirós Oca e María del Carmen Espinosa Cervela, e neto de Laurentino Espinosa Valladares. Estudou no Colexio Balmes de Pontevedra e obtivo o título de bacharel universitario na sección de letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1930.El Progreso, 2-10-1930, p. 2. Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematou a careira en Madrid. Membro do Seminario de Estudos Galegos, participou en varias das súas campañas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alférez de artillaría e defensor dos republicanos en varios consellos de guerra en Pontevedra. Era membro da Juventud de Acción Católica e estaba afiliado a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi xefe de milicias de FET y de las JONS. Ascendeu a tenente en xuño de 1937,Diario de Pontevedra, 5-6-1937, p. 3. e marchou á fronte de guerra. Tenente de Complemento de Artillaría, estaba ao mando da Segunda Batería do 15 Rexemento Lixeiro na posición de Corral Blanco na fronte de Teruel cando foi atacada polos republicanos o 15 de febreiro de 1938 sendo gravemente ferido. Finou ao día seguinte.El Diario de Pontevedra, 18-2-1939, p. 2. Recibiu a Medalla Militar a título póstumo en novembro de 1938.BOE, 8-12-1938, p. 2825-2826.

Notas

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Nados en Pontevedra

Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en 1914