A Casa da Moeda de Stuttgart (en alemán Staatliche Münze Stuttgart ou, máis formalmente, Staatliche Münze Baden-Württemberg Standort Stuttgart; "Casa da Moeda Estatal de Baden Württemberg en Stuttgart") é unha das cinco fábricas de moeda estatais activas en Alemaña, situada en Stuttgart, e depende das autoridades de Facenda do Estado de Baden-Württemberg. As outras cecas do país teñen as súas sedes nas cidades de Berlín, Hamburgo, Múnic e Karlsruhe.
Desde 1871, a marca de ceca da Casa de Moeda de Stuttgart é a letra F.
Na planta de Stuttgart prodúcese o 38 % de todas as moedas que Alemaña cuña para a súa posta en circulación na Eurozona.Kampmann, U. (2011). Inclúense aquí as moedas conmemorativas autorizadas para as casas de moedas alemás e unha moeda conmemorativa anual con valor de 10 euros emitida exclusivamente na ceca de Stuttgart. Cun cadro de persoal de 63 persoas, en Stuttgart cúñanse ata dous millóns de moedas diariamente.
Historia
O 17 de xaneiro de 1374, o emperador Carlos IV outorgoulle ao conde Everardo II de Württemberg o dereito da cuñaxe de moeda e a ceca establecida para tal efecto en Stuttgart converteuse na principal das existentes en Württemberg."Staatliche Münze Stuttgart". Goldstein.de
As moedas cuñadas nesta ceca entre os séculos XV e XVII amosan como marca de ceca a letra "S" ou, en ocasións, o nome completo do lugar: Stuttgart. Nalgunhas emisións, a representación do cabalo heráldico tradicional en Stuttgart, denominado "Rössle", serviu tamén como marca identificativa das moedas cuñadas na cidade.
A aparición da letra F como marca de ceca non se produciu ata 1871, cando o Imperio Alemán, que se acababa de instaurar, tomou o control de todas as casas de moeda que daquela existían no seu territorio e lle asignou a cada unha delas unha letra correlativa.
En 1998 as casas de moeda de Karlsruhe e de Stuttgart fusionáronse baixo a denominación de Staatliche Münzen Baden-Württemberg (Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg). Con todo, ambas as fábricas manteñen as súas marcas de ceca históricas: un F para Stuttgart e un G para Karlsruhe."Our Mints ". Staatliche Münze Baden-Württemberg.
Os edificios da ceca esquerda|miniatura|Debuxo da sede da Casa da Moeda de Stuttgart entre 1844 e 1967
Durante séculos, Casa da Moeda de Stuttgart situouse nun pequeno edificio no centro da cidade, preto da Marktplatz e do antigo castelo, feito que deu lugar á existencia da actual Münzstraße (Rúa da Casa da Moeda) nas inmediacións."Mints of the World since 1500: Stuttgart ". Casa de Moneda de Segovia (Segoviamint.org).
En 1844, as instalacións da ceca trasladáronse a un novo edificio no número 19 da Neckarstraße, mandado construír para o efecto polo rei Guillerme I. Durante a segunda guerra mundial este edificio resultou gravemente danado e, logo dunha rápida reparación, continuou a servir como casa de moeda ata 1967.
A partir desa data, a Casa da Moeda de Stuttgart trasladouse a unha nova localización en Reichenhaller Straße no populoso distrito de Bad Cannstatt, nun edificio que conta cunha superficie útil de 6.000 metros cadrados.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kampmann, U. (2011). "A visit to the Stuttgart Mint". En Coins Weekly. 15 de xuño . Zinser, K. (2016). "In der Münzprägeanstalt Stuttgart ". En Stuttgarter Zeitung. 20 de decembro. Outros artigos Casa de moeda Cuñaxe Ligazóns externas Sitio web das Casas da Moeda Estatais de Baden Württemberg "Why Gernany has Five State-Owned Mints". En Coins Weekly. 1 de febreiro de 2017
Categoría:Casas de moeda de Alemaña Categoría:Baden-Württemberg Categoría:Historia de Alemaña