Instinto básico (en ) é un filme estadounidense neo-noirSilver, Alain; Ward, Elizabeth; eds. (1992). Film Noir: An Encyclopedic Reference to the American Style (3rd ed.). Woodstock, Nova York: The Overlook Press. e suspense erótico de 1992 dirixido por Paul Verhoeven e escrito por Joe Eszterhas. Está protagonizado por Michael Douglas e Sharon Stone. Conta a historia dun detective da policía, Nick Curran (Douglas), que investiga o caso do brutal asasinato dunha estrela de rock. Durante a investigación, Curran involúcrase nunha intensa relación coa principal sospeitosa, Catherine Tramell (Stone), unha enigmática escritora.

Eszterhas desenvolveu o guión na década de 1980, que se converteu en obxecto dunha guerra de licitacións até que Carolco Pictures adquiriu os dereitos do filme. Dende ese momento, Verhoeven asinou para dirixilo proxecto e despois sumáronse Douglas e Stone, logo de que moitas actrices fosen consideradas para o papel de Tramell. Antes da súa estrea, Instinto básico xerou moita controversia por mor da súa representación gráfica de sexualidade e violencia, incluíndo unha escena de violación. Foi fortemente rexeitada polos activistas dos dereitos LGTB, que criticaron a representación do filme dunha relación homosexual e a descrición dunha muller bisexual como unha psicópata asasina. Nunha entrevista de 2006, Stone alegou que a escena na que ela separa as pernas e a súa vulva quedaba exposta foi filmada sen o seu coñecemento."A Conversation with Sharon Stone" from the Basic Instinct: Ultimate Edition DVD (Lions Gate Home Entertainment, 2006).

Personaxes

Michael Douglas como Detective Nick Curran Sharon Stone como Catherine Tramell George Dzundza como Detective Gus Moran Jeanne Tripplehorn como Dr. Beth Garner Denis Arndt como Tenente Phillip Walker Leilani Sarelle como Roxanne "Roxy" Hardy Bruce A. Young como Andrews Chelcie Ross como Capitán Talcott Dorothy Malone como Hazel Dobkins Wayne Knight como John Correli Daniel von Bargen como Tenente Marty Nielsen Stephen Tobolowsky como Dr. Lamott Benjamin Mouton como Harrigan Jack McGee como Sheriff Bill Cable como Johnny Boz James Rebhorn como Dr. McElwaine

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic 

Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Paul Verhoeven Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes sobre asasinos Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Carolco Pictures Categoría:Filmes de 1992 con versión en galego