As Smads (ou SMADs) constitúen unha familia de proteínas estruturalmente similares, que son os principais transdutores de sinais da superfamilia dos receptores do factor de crecemento transformante beta (TGF-B), que son fundmentalmente importantes para a regulación do desenvolvemento e crecemento.

As Smad forman un trímero constituído por dous Smad reguladas polo receptor e un co-SMAD. Actúan como factores de transcrición regulando a expresión de xenes específicos.

Clases Nos mamíferos existen oito Smad agrupadas en tres subfamilias:Vanegas, Adriana Lucía, & Vásquez, Gloria María. (2011). Smad y otros blancos terapéuticos en esclerodermia - Smad and other therapeutic targets in scleroderma Revista Colombiana de Reumatología 18(4), 285-294. Accesado el 16 de diciembre de 2015

As Smad reguladas polo receptor (R-SMAD) que inclúen SMAD1, SMAD2, SMAD3, SMAD5 e SMAD8/9 A Smad mediadora común (co-SMAD) que inclúe só ao SMAD4, e que interacciona con R-SMAD para participar na vía de sinalización As Smad antagonistas ou inhibitorias (I-SMAD) que inclúen as SMAD6 e SMAD7, as cales bloquean a activación de R-SMAD e Co-SMAD.

Nomenclatura As proteínas SMAD son homólogas tanto da proteína MAD da mosca Drosophila (polas súas siglas en inglés Mothers Against Decapentaplegic, onde "decapentapléxico" refírese a unha proteína da mosca homóloga á proteína morfoxénica ósea humana) coma da proteína SMA do nematodo Caenorhabditis elegans (do xene ''sma'' da palabra small, pequeno, debido á súa capacidade de alterar o tamaño corporal).Sekelsky JJ, Newfeld SJ, Raftery LA, Chartoff EH, Gelbart WM (March 1995).Savage C, Das P, Finelli AL, Townsend SR, Sun CY, Baird SE, Padgett RW (January 1996). O nome é unha composición das dúas.

Durante o estudo da Drosophila, atopouse que unha mutación no xene, MAD, na nai, reprimía o xene decapentapléxico (dpp) no embrión.

Cabelo Demostrouse que a presenza de complexos Smad1/5/8 fosforilados e a Dlx3 regulan a función da vía de sinalización das BMP durante a morfoxénese do cabelo en certos modelos animais.

Referencias

Categoría:Factores de transcrición