Bután presentou un filme ó Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez en 1999. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2025, catro filmes butaneses foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Bután para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Título en dzongkha Director Resultado 1999(72ª) Phörpa  ཕོར་པ། 2020(93ª) Lunana: A Yak in the Classroom ལུང་ནག་ན Pawo Choyning Dorji 2021(94ª) Lunana: A Yak in the Classroom ལུང་ནག་ན Pawo Choyning Dorji 2023(96ª) The Monk and the Gun  Pawo Choyning Dorji 2025(98ª) Mo gi gsang b'i zhabs khra མོ་གི་གསང་བའི་ཞབས་ཁྲ

Notas

Categoría:Cinema de Bután Bután