Fiji presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez en 2005. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
O primeiro filme presentado por Fiji,http://www.thelandhaseyes.org/production.html Pear ta ma 'on maf, foi proposto para o Óscar en 2005, mais finalmente non foi nomeado para o premio. Fiji é a única nación do Pacífico en participar na competición.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Fiji para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua Director Resultado 2005(78ª) Pear ta ma 'on maf Rotuman
Notas
Categoría:Cinema de Fiji Fiji