Bully é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 2013 en Nashville, Tennessee. Ata a data o grupo leva publicados dous álbums de estudio: Feels Like (2015) e Losing (2017).
Historia Bully foi fundada pola nativa de Rosemount, Minnesota Alicia Bognanno, que realizou un grao de gravación de son na Middle Tennessee State University antes de conseguir unhas prácticas no estudio de Steve Albini Electrical Audio en Chicago. Bognanno comezou a gravar demos do seu propio material antes de mudarse a Nashville, Tennessee, onde traballou como enxeñeiro en Battle Tapes Recording e no local The Stone Fox. Formou a banda xunto co batería Stewart Copeland (non confundilo co batería de The Police).
Tras autoeditar un casete, o primeiro sinxelo propiamente dito da banda, "Milkman", publicouse en abril de 2014. O grupo fichou entón co selo de Columbia Records Startime International e lanzou o seu álbum de estrea, Feels Like, en xuño de 2015. O álbum foi gravado en Electrical Audio con Bognanno axudando nas tarefas de gravación.
No ano 2017 Bully fichou polo selo Sub Pop Records. O seu segundo álbum, Losing, tamén foi gravado no estudio de Albini, facendo Bognanno as labores de enxeñeiro. O disco foi editado en 2017 sendo precedido polo sinxelo "Feel the Same".
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloFeels Like2015Columbia RecordsLosing2017Sub Pop RecordsSugaregg2020Sub Pop RecordsLucky for You2023Sub Pop Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Nashville, Tennessee Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2013