Robin Cousins, nado en Bristol o 17 de agosto de 1957, é un ex patinador sobre xeo británico. Foi campión olímpico e europeo en 1980, tres veces medallista do mundial (1978–1980) e catro veces campión británico (1977–1980), logrando todos estes títulos durante a súa carreira como afeccionado. Continuou cunha carreira como profesional con éxito e posteriormente protagonizou espectáculos sobre xeo, ademais de producir algúns el mesmo. Era quen de xirar en calquera sentido, horario ou antihorario, habilidade pouco frecuente nun patinador artístico.

Fóra da pista de xeo, Cousins comentou eventos de patinaxe artística para a BBC, e actuou como xuíz no programa Dancing on Ice da ITV entre 2006 e 2014. Tamén apareceu en producións teatrais, incluído no West End.

Vida persoal Cousins sufriu un total de oito operacións, incluída a substitución dun xeonllo con máis de cincuenta anos. Os seus problemas comezaron nos Campionatos do Mundo de 1977, cando a cartilaxe do xeonllo esquerdo se desgarrou. Contra 1980, recibira cirurxía maior nos dous xeonllos.

En decembro de 1980, Cousins foi o tema do programa de televisión This Is Your Life, tras ser sorprendido por Eamonn Andrews na súa cidade de Bristol.

O 10 de marzo de 2012, apareceu no concurso All Star Family Fortunes cos seus sobriños Tristan, Robin, James e Oliver. Tamén apareceu no concurso Tipping Point en agosto de 2013.

Resultados Carreira como afeccionado Internacionais Evento 1972–73 1973–74 1974–75 1975–76 1976–77 1977–78 1978–79 1979–80 Xogos Olímpicos 10th 1.º Mundiais 12.º 9.º R 3.º 2.º 2.º Europeos 15.º 11.º 11.º 6.º 3.º 3.º 3.º 1.º Skate Canada 2.º 1.º NHK Trophy 1.º St. Gervais 1.º Nacionais Camp. Británico 3.º 2.º 2.º 2.º 1.º 1.º 1.º 1.º R = Retirado

Carreira profesional Evento/Temporada 1980 1981 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1997 World Professional Champ. 1.º* 2.º* 1.º 2.º 1.º 4.º 2.º 3.º 2.º Challenge of Champions 1.º 2.º 3.º 4.º 2.º 3.º World Cup of Skating 1.º World Team Champ. 3.º* North American Open 3.º Canadian Pro Champ. 4.º Legends Champ. 2.º O asterico indica resultados de competicións por equipos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cousins Entertainment Robin Cousins skates to Julian Lloyd Webber's music Television appearance, YouTube

Categoría:Nados en Bristol Categoría:Nados en 1957 Categoría:Patinadores artísticos olímpicos do Reino Unido Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe artística Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Reino Unido Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980