Edipo alcalde é un filme colombiano de 1996 dirixido por Jorge Alí Triana, e producido por Tomás Zapata e Jorge Sánchez. É unha interpretación moderna da traxedia clásica de Sófocles Edipo rei e o guión foi adaptado polo escritor Gabriel García Márquez.Edipo alcalde Ficha do filme en Filmaffinity. Consultado o 24 de xaneiro de 2018. O filme foi escollido como a candidato colombiano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 69ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse Un alcalde é enviado a unha vila da cordilleira andina co obxectivo de que comece diálogos de conciliación entre a guerrilla e os labregos. Mentres fai o seu traballo, o alcalde coñece a Yocasta, esposa de Layo, que acaba de ser asasinado. O alcalde namórase de Yocasta, empeorando o problema no que se atopa.Edipo alcalde Ibermedia. Consultado en xaneiro de 2018.

Personaxes Jorge Perugorría como Edipo Ángela Molina como Yocasta Francisco Rabal como Tiresias Jorge Martínez de Hoyos como Cura Jairo Camargo como Creonte Miriam Colón como Deyanira Juan Sebastián Aragón como chofer do alcalde Armando Gutiérrez como Capitán Solórzano Marcela Agudelo como guerrilleira Manuel José Chaves como guerrilleiro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 69ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes ambientados en Colombia