As células Jurkat son unha liña celular inmortalizada de linfocitos T humanos, que se utilizan no estudo da leucemia aguda de células T, sinalización celular das células T e expresión de varios receptores de quimocina susceptibles á entrada de virus, especialmente do VIH. As células Jurkat poden producir interleucina 2 e son utilizadas en investigacións sobre a susceptibilidade do cancro a fármacos e radiacións.

Historia

A liña celular Jurkat (chamada orixinalmente JM) foi establecida a finais da década de 1970 a partir de sangue periférico dun paciente de 14 anos con leucemia de células T. Diferentes derivados da liña celular Jurkat foron mutados para que carecesen de certos xenes e poden agora obterse en bancos de cultivos celulares.American Type Culture Collection (ATCC)

Exemplos de derivados A liña celular JCaM1.6 é deficiente na actividade de Lck debido á deleción de partes do xene LCK (exón 7) do transcrito LCK. As células J.RT3-T3.5 teñen unha mutación no locus da cadea beta do receptor de células T (TCR), que impide a expresión desta cadea. Isto afecta as células de varios xeitos; non expresan o CD3 de superficie nin producen o heterodímero alfa/beta do receptor de células T. Como son deficientes no complexo TCR, estas células son unha ferramenta útil para estudos de transfección usando os xenes das cadeas alfa e beta do receptor de células T, e son amplamente usados en laboratorios nos que se estudan tecnoloxías de transferencia do xene do receptor de células T. Liñas celulares I 9.2 e I 2.1. A liña celular I 2.1 é funcionalmente defectivo para a proteína FADD e a liña celular I 9.2 é funcionalmente defectiva`para a caspase-8, e ambas as moléculas defectivas son esenciais para a apoptose ou a necroptose das células. A liña celular D1.1 non expresa a molécula CD4, un importante coerreceptor na vía de activación das células T axudantes. A subliña J.gamma1 non contén niveis detectables da proteína fosfolipase C-gamma1 (PLC-γ1) e, por tanto, ten profundos defectos na mobilización de calcio do receptor de células T (TCR) e a activación do factor nuclear de células T activadas (NFAT, un importante factor de transcrición das células T). As J-Lat conteñen provirus VIH integrados pero transcricionalmente latentes, nos cales a GFP substitúe a secuencia codificante nef e teñen unha mutación de cambio de pauta de lectura en env.

Virus da liña celular As células Jurkat J6 producen un virus da leucemia murina xenotrópico (X-MLV) (denominadas XMRV) que podería potencialmente afectar aos resultados experimentais. Non hai evidencias de que este virus pode infectar os humanos. Esta infección poida tamén cambiar a virulencia e tropismo dos virus por mestura fenotípica ou recombinación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Entrade de Cellosaurus para Jurkat

Categoría:Liñas celulares Categoría:Senescencia