California Crossing é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de stoner rock Fu Manchu, publicado o 23 de outubro de 2001 a través do selo Mammoth Records. "Mongoose" é unha versión distinta e máis curta da que aparecía no álbum de 1999, Godzilla's/Eatin' Dust. "The Wasteoid" é unha das poucas cancións instrumentais da banda.

Realizouse un vídeo musical para a canción "Squash That Fly", que conseguiu algún tempo de emisión tras o lanzamento do álbum.

A canción do título apareceu na banda sonora do videoxogo Tony Hawk's Underground.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Fu Manchu Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums producidos por Matt Hyde Categoría:Álbums de Mammoth Records