Caroline Rémy de Guebhard, nada en París o 27 de abril de 1855 e finada en Pierrefonds o 24 de abril de 1929, foi unha anarquista, xornalista e feminista francesa, máis coñecida baixo o pseudónimo literario de Séverine.

Traxectoria miniatura|esquerda|Retrato de Caroline Rémy por Pierre-Auguste Renoir Arredor de 1880, Rémy involucrouse na publicación socialista de Jules Vallès, Cri du Peuple, da que tomou o control un tempo despois debido á mala saúde de Vallès.Évelyne Le Garrec, Séverine, une rebelle 1855-1929 (édition du Seuil, 1982), 308 páxinas. Cada vez máis militante nos seus puntos de vista, fíxose amiga da súa compañeira xornalista e feminista Marguerite Durand, mais tras un enfrontamento co marxista Jules Guesde, deixou o xornal en 1888. Continuou a escribir noutras publicacións, promovendo a emancipación da muller e denunciando inxustizas sociais de todo tipo, incluíndo o caso Dreyfus. De feito, o 31 de xullo de 1892 e debido a este caso, Rémy converteuse na primeira xornalista da historia que entrevistou un papa, León XII. Uns anos despois, en 1897, comezou a escribir para o xornal feminista La Fronde creado e dirixido por Durand.

Apoiou a Revolución Rusa de 1917 e, en 1921, uniuse ao Partido Comunista Francés. Non obstante, só uns anos despois abandonou o para manter a súa pertenza á Ligue des droits de l’homme (et du citoyen). Como defensora incondicional da esquerda, Rémy apoiou algunhas das causas anarquistas máis importantes da época, como a defensa de Germaine Berton, e tamén participou nos esforzos de 1927 para salvar os anarquistas italianos Sacco e Vanzetti.

Bernard Lecache, membro fundador do Comité de Honor da Liga Internacional Contra o Antisemitismo (LICA) escribiu a súa biografía. O seu retrato foi pintado por Pierre-Auguste Renoir en 1885 e atópase na National Gallery of Art de Washington.

Pouco antes do seu falecemento participou na campaña de apoio á candidatura do médico Albert Besson, elixido conselleiro do distrito de Saint-Fargeau, conselleiro xeral do Sena, logo vicepresidente do Consello de París e do Consello xeral do Sena. Rémy faleceu en 1929 na súa casa de Pierrefonds, departamento de Oise, na rexión de Picardía, en Francia. Algúns dos seus documentos localízanse na Bibliothèque Marguerite Durand de París. En 1933, en memoria de Séverine, Besson fixo que o Consello de París votase a atribución do nome "Séverine" á praza que creara por iniciativa del Porte de Bagnolet (París XX).

Obras Pages rouges, París, H. Simonis Empis, 1893. Notes d’une frondeuse : de la Boulange au Panama, Préf. Jules Vallès, París, H. Simonis Empis, 1894. Pages mystiques, París, H. Simonis Empis, 1895. En marche, París, H. Simonis Empis, 1896. Affaire Dreyfus : Vers la lumière... impressions vécues, París, Stock, 1900. La Toute-puissance de la bonté, (S. l.), 1900. Sac à tout : mémoires d’un petit chien, París, F. Juven, 1903. À Sainte-Hélène, pièce en 2 actes, París, V. Giard et E. Brière, 1904. Line : 1855-1867, París, Crès, 1921. Choix de papiers, annotés par Évelyne Le Garrec, París, Tierce, 1982. Impressions d’audience, (Émile Zola, "J’accuse !", réactions nationales et internationales) Valenciennes, Presses universitaires de Valenciennes, 1999.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hugues Lapaire, Séverine, citoyenne de La Châtre en Berry, 40 páx., éditions du Gargaillou, Châteauroux Paul Couturiau, Séverine, l’insurgée, Mónaco, Éditions du rocher, 2001. </ref> Évelyne Le Garrec, Séverine (1855-1929), Vie et combats d'une frondeuse (postface de Bernard Noël), l'Archipel, 2009. Françoise Blum, « Séverine ou la recherche d'une justice perdue », Mil neuf cent : Revue d'histoire intellectuelle, no 11 « Comment sont-ils devenus dreyfusards ou anti-dreyfusards ? », 1993, páx. 94-100. Ligazóns externas Perfil de Caroline Rémy na Enciclopedia Anarquista.

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Xornalistas de Francia Categoría:Feministas de Francia Categoría:Anarquistas de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa