Tomás José Guitarte Gimeno, nado en Cutanda (Teruel) en 1961, coñecido como Tomás Guitarte, é un arquitecto e político aragonés pertencente á agrupación de electores Teruel Existe, e único representante da organización no Congreso dos Deputados, nas eleccións xerais de España do 10 de novembro de 2019.
Traxectoria Naceu en Cutanda, unha pequena localidade do municipio de Calamocha e estudou arquitectura na Universidade Politécnica de Valencia. Militou no partido aragonesista CHA e presentouse en varias ocasións nas súas listas, a última delas en 1993. A súa vida pública iníciase no ano 2000 cando foi promotor do AVE Madrid-Valencia.
Notas
Categoría:Nados en Calamocha Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Valencia