Skinny Girl Diet é unha banda inglesa de punk rock, descrita a miúdo como riot grrrl, formada en Londres. O grupo está composto por dúa irmás, a guitarrista, compositora e vocalista Delilah Holliday e a batería Ursula Holliday.

Historia miniatura|260x260px|Delilah Holliday As irmás Delilah e Ursula Holliday tocaran xuntas nun dúo chamado Typical Girls antes de formar Skinny Girl Diet coa súa curmá Amelia Cutler ao redor do ano 2010 ao principio da súa adolescencia. O nome é unha referencia ao feminismo pro obesidade. Amelia deixou o grupo en 2017, deixando ás irmás Holliday como un dúo.

Skinny Girl Diet realizou a súa primeira actuación como abreconcertos da antiga guitarrista de The Slits Viv Albertine. Dende entón a banda vén sendo coñecida polo seu enfoque actualizado dos ideais feministas e do punk asociados co movemento riot grrrl dos anos 90. A súa compoñentes teñen falado sobre a falta de músicas femininas na industria musical actual, así como sobre outros temas de igualdade nun contexto feminista contemporáneo.

O grupo tamén colaborou coa exposición "Female Matters" para conseguir fondos e sensibilizar sobre a loita contra a ablación do clítoris.

En 2015 a revista Billboard incluíu a Skinny Girl Diet na súa lista das "20 bandas de mulleres que necesitas coñecer", e tamén apareceu na portada no número de primavera de The Beat.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloHeavy Flow2016Fiasco Recordings, HHBTM RecordsIdeal Woman2019Fiasco Recordings, HHBTM Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Bandas de mulleres