Antonio Neira Otero, nado en Vilagarcía de Arousa en 1911 e finado no mesmo concello o 9 de xuño de 1997,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-6-1997, p. 46. foi un político galego.

Traxectoria Dependente de comercio. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Vilagarcía de Arousa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia de Vilagarcía. Foi detido o 17 de setembro e enviado á prisión da illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar o 1 de abril de 1937, foi condenado a 30 anos de reclusión. O 15 de xuño de 1938 foi enviado á prisión do Forte de San Cristovo de Pamplona, de onde saíu en prisión atenuada o 2 de setembro de 1940.

Vida persoal Casou con Francisca Ruperta Rietz Vázquez, filla de Robert Rietz Sieman, e foi pai de Roberto, Juan Antonio e Alejandrina Neira Rietz.

Notas

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes