Benjamin Alvin Drew, nado en Washington, D.C. o 5 de novembro de 1962, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-118 e STS-133. Pasou un total de 25,54 días no espazo.

Traxectoria Drew é graduado en enxeñería astronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1984. É máster en Ciencia Aeroespacial pola Universidade Embry Riddle en 1995 e máster en Estudos Estratéxicos en Ciencias Políticas pola Universidade da Forza Aérea dos Estados Unidos en 2006.

Foi seleccionado como especialista de misión pola NASA en xullo de 2000. Formou parte das misións STS-118 e STS-133, pasando un total de 25,54 días no espazo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-118 STS-133

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Washington, D.C.