Blind Melon é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1990 nos Ánxeles, California por tres músicos de Mississippi, un de Pensilvania e un de Indiana. No presente o grupo está composto polos guitarristas Rogers Stevens e Christopher Thorn, o batería Glen Graham, o vocalista Travis Warren e o baixista Nathan Towne. A banda é principalmente coñecida polo seu éxito de 1993 "No Rain", e tivo éxito tanto de crítica como comercial a principios dos anos 90 co seu rock alternativo con toque de neo-psicodelia.
Blind Melon publicou dous álbums a través do selo Capitol Records, Blind Melon (1992) e Soup (1995), antes de que o seu vocalista orixinal, Shannon Hoon, morrese dunha sobredose de drogas no autobús de xira da banda o día 21 de outubro de 1995 en Nova Orleáns. Despois de catro anos intentando buscar un substituto para Hoon, Blind Melon disolveouse oficialmente en 1999. O resto dos membros reformaron o grupo en 2006 con Travis Warren e gravaron un álbum con el, For My Friends (2008). Pouco despois do seu lanzamento Warren deixou Blind Melon pero volveu a unirse en 2010, cando a banda comezou a realizar concertos ocasionalmente. Blind Melon está traballando no seu cuarto álbum, que está previsto para o ano 2020.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloBlind Melon1992Capitol RecordsSoup1995Capitol RecordsFor My Friends2008Wishbone Recordings, Rocket Science
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de blues rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais formados en 1990