Pecten é un xénero do moluscos bivalvos mariños, que é o tipo da da orde dos pectinidos, da superfamilia dos pectinoideos, da familia dos pectínidos, da subfamilia dos pectinininos e da tribo de igual nome (Pectinini en latín).Pecten O. F. Müller, 1776 no WoRMS.
O xénero é coñecido no rexistro fósil desde o período cretáceo até o período cuaternario (desde hai 70,6 millóns de anos até a actualidade). Atopáronse cunchas fósiles deste xénero en todo o mundo.Fossilworks .
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1776 polo naturalista danés Otto Friedrich Müller, na súa obra Zoologiæ Danicæ Prodromus, seu Animalium Daniæ et Norvegiæ indigenarum characteres, nomina, et synonyma imprimis popularium. Havniæ: Hallageri. (Ver dixitalizado).Havniae era o nome latino de Copenhaguen.
Etimoloxía Müller tomou o nome Pecten do latín clásico pecten, -inis, "peite", e tamén o nome dunha "especie de ostra comestíbel" (seguramente unha vieira).pecten no Merriam-Webster Unabriged Dictgionary.
Especies Segundo o WoRMS, o xénero comprende as seguintes especies: Pecten afribenedictus Kilburn & Dijkstra, 1995 Pecten albicans (Schröter, 1802) Pecten dijkstrai Duncan & G. Wilson, 2012 Pecten diomedeus Dall, Bartsch & Rehder, 1938 Pecten dorotheae Melvill in Melvill & Standen, 1907 Pecten erythraeensis G. B. Sowerby II, 1842 Pecten excavatus Anton, 1838 Pecten fumatus Reeve, 1852 Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758) Pecten keppelianus Sowerby III, 1905 Pecten maximus (Linnaeus, 1758) Pecten novaezelandiae Reeve, 1852 Pecten raoulensis Powell, 1958 Pecten sulcicostatus Sowerby II, 1842 Pecten waikikius Dall, Bartsch & Rehder, 1938
Porén, o ITIS e mais a ADW só recoñecen tres especies:Pecten Muller, 1776 ni ITIS.Pecten na ADW. Pecten chazaliei Pecten eucymatus Pecten maximus
Características Estes bivalvos caracterízanse por teren unha das dúas valvas da súa cuncha máis voluminosa cá outra, que é plana e de cor máis escura, normalmente parda. Coñécense vulgarmente como vieiras ou cunchas de Santiago, nalgúns idiomas.
Son hermafroditas, cando son novas son machos, e despois fanse femias. Porén, algúns autores din que poden seren hermafroditas simultáneos.
Viven no mar, en fondos areosos de até 100 m de profundidade, non moi lonxe da costa. Desprázanse ao pechar rapidamente as valvas das súas cunchas. Algúns son comestíbeis moi demandados polos gourmets, en particular a vieira propiamente dita (Pecten maximus).
En estado salvaxe actúan como depuradores, filtrando a auga salgada, unha función que é especialmente importante en épocas de exceso de algas (por exemplo, nes mareas vermellas) que poidan poñer en risco o equilibrio do ecosistema.
En Europa hai dúas especies de vieiras, Pecten jacobaeus, que vive nos fondos areosos do Mediterráneo, e Pecten maximus, que vive en fondos areosos do Atlántico nordeste.
Na industria Desde 1904 utilizase unha cuncha de Pecten como logotipo da compañía petroleira Royal Dutch Shell.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. (eds), European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Patrimoines Naturels. 50: 180-213. Vaught, K. C.; Tucker Abbott, R. & Boss, K. J. (1989): A classification of the living Mollusca. Melbourne: American Malacologists. ISBN 0-9158-2622-4.
Outros artigos Bivalvos Pectínidos
Ligazóns externas Pecten na ADW. Pecten na EOL.
Categoría:Pectínidos