Courtney Melba Barnett, nada o 3 de novembro de 1987, é unha cantante, compositora e músico australiana. Coñecida polo seu estilo de canto sen vida e por letras enxeñosas e divagadoras, chamou a atención co lanzamento do seu EP de estrea, I've Got a Friend Called Emily Ferris. O interese internacional por parte da prensa musical británica e estadounidense chegou co lanzamento de The Double EP: A Sea of Split Peas en outubro de 2013.
O álbum de estrea de Barnett, Sometimes I Sit and Think, and Sometimes I Just Sit, foi editado no ano 2015 coa aclamación da crítica. Nos ARIA Music Awards de 2015 Barnett gañou catro premios de oito nomeacións. Foi nomeada ao premio ao mellor artista novo na 54ª edición dos Grammy e ao premio á mellor artista feminina tnternacional en solitario nos Brit Awards de 2016.
No ano 2017 publicou Lotta Sea Lice, un álbum colaborativo con Kurt Vile.
O segundo álbum de Barnett, Tell Me How You Really Feel, foi editado no ano 2018 con aclamación da crítica. Dende entón publicou dous discos máis, Things Take Time, Take Time en novembro de 2021, e Creature of Habit en marzo de 2026.
Discografía Álbum Ano Selo Sometimes I Sit and Think, and Sometimes I Just Sit 2015 Milk!, Marathon Artists, House Anxiety, Mom + Pop Tell Me How You Really Feel 2018 Milk!, Marathon Artists Things Take Time, Take Time 2021 Milk!, Marathon Artists, Mom + Pop Creature of Habit 2026 Mom + Pop
Notas
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Sidney Categoría:Músicos de Australia Categoría:Personalidades do rock