Arturo Iglesias Ortega, anteriormente coñecido como Arturo Iglesias Castelao, nado en Essen (Alemaña) o 5 de xullo de 1971, é un historiador e arquiveiro galego, especializado na historia do cabido da Catedral de Santiago de Compostela.
Traxectoria Fillo dun asturiano e unha madrileña, viviu en Alemaña ata 1975. Tras residir en Madrid e Xixón, estableceuse en Santiago de Compostela en 1988, en cuxa universidade obtivo a licenciatura na Facultade de Xeografía e Historia en 1994, especializándose en Historia Moderna. Doutorouse na mesma universidade no ano 2010 coa tese "El Cabildo Catedralicio de Santiago de Compostela en el siglo XVI: aspectos funcionales y sociológicos de una élite eclesiástica", dirixida pola catedrática Ofelia Rey Castelao, que obtivo a cualificación de sobresaínte cum laude.
Tras ingresar en 1998 no Arquivo da Catedral de Santiago, desenvolvendo o seu traballo como técnico da Área de Documentación Moderna e Contemporánea baixo a dirección do cóengo arquiveiro José María Díaz Fernández, especializouse na historia do cabido compostelán dos séculos XV ao XVIII, temática sobre a que xira a meirande parte da súa obra.
En 1999 obtivo o Premio de investigación "Arquivo da Emigración", outorgado polo Consello da Cultura Galega.
No ano 2000 obtivo unha nova licenciatura na mesma facultade na especialidade de Arquivística e Biblioteconomía, e no 2013 desenvolveu estudos de posgraduado de Especialista Universitario en Arquivística pola UNED.
No ano 2011 desenvolveu o seu labor docente como profesor interino na Facultade de Xeografía e Historia compostelá na materia de Paleografía.
Obra Artigos en revistas
Colaboracións en obras colectivas
Libros
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Tese de doutoramento de 2010 publicada en Minerva . Entrevista a Arturo Iglesias a propósito da xubilación de José María Díaz.
Categoría:Nados en Essen Categoría:Nados en 1971 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Arquiveiros de Galicia