La Victoire en chantant é un filme franco-marfilés de 1976 dirixido por Jean-Jacques Annaud, sinalando o seu debut como director. O filme trata dos colonos franceses en guerra cos alemáns en África Central durante a primeira guerra mundial, e está ambientado na colonia alemá do Camerún. O filme ten un punto de vista marcadamente antimilitarista, e salienta por ridiculizar o bando francés aínda máis duramente que os seus homólogos alemáns. O título orixinal en francés son as catro primeiras palabras da canción militar Le Chant du départ.
Gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1976, e foi proposto á Academia por Costa do Marfil, converténdose no primeiro e único Óscar do país.
Personaxes Jean Carmet como sarxento Bosselet Jacques Dufilho como Paul Rechampot Catherine Rouvel como Marinette Jacques Spiesser como Hubert Fresnoy Maurice Barrier como Caprice Benjamin Memel Atchory
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Costa do Marfil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 49ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Costa do Marfil Categoría:Filmes dirixidos por Jean-Jacques Annaud Categoría:Filmes rodados en Costa do Marfil Categoría:Filmes ambientados en 1915 Categoría:Filmes ambientados no Camerún Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Óscar ó mellor filme internacional