Sonic Flower Groove é o primeiro álbum de estudio da banda escocesa de Primal Scream, publicado o 5 de outubro de 1987 a través do selo Elevation Records. Mayo Thompson, de Red Krayola, foi o produtor do disco, despois de que o traballo con Stephen Street non lle gustase á banda.
O disco chegou ao número 62 da lista británica de álbums, pero comportouse mal para os estándares dos grandes selos.Strong, Martin C. (2002) "The Great Rock Discography (6ª ed)", Canongate, ISBN 1-84195-312-1 A decepción foi a principal razón para que a formación orixinal de Primal Scream se separase pouco despois de Sonic Flower Groove, deixando ao vocalista Bobby Gillespie e aos guitarristas Andrew Innes e Robert "Throb" Young para reorganizar o grupo.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Primal Scream Categoría:Álbums musicais de 1987 Categoría:Álbums producidos por Mayo Thompson Categoría:Álbums producidos por Clive Langer