Raymond Vahan Damadian, nado en Nova York o 16 de marzo de 1936 e finado en Woodbury (Nova York) o 3 de agosto de 2022, foi un médico estadounidense, inventor da primeira máquina de escáner por resonancia magnética.

A investigación de Damadian sobre o sodio e o potasio en células vivas levouno aos primeiros experimentos en resonancia nuclear magnética (NMR) que fixo que propuxese por vez primeira o escáner corporal en 1969. Damadian descubriu que os tumores e os tecidos normais poden diferenciarse in vivo mediante resonancia nuclear magnética (NMR) a causa dos seus prolongados tempos de relaxación, ambos T1 (spin-lattice relaxation) ou T2 (relaxación spin-spin). Damadian foi o primeiro en fabricar un escáner de corpo enteiro para un ser humano en 1977 para diagnosticar o cancro. Inventou un aparato e un método para empregar a NMR de forma segura e exacta para escanear o corpo humano, método coñecido como imaxe de resonancia magnética (MRI).Inventor of the Week Archive

Premios e honras Damadian recibiu unha Medalla Nacional de Tecnoloxía en 1988 e foi incluído no National Inventors Hall of Fame en 1989. O seu escáner orixinal foi entregado ao Instituto Smithsoniano na década de 1980 e móstrase no National Inventors Hall of Fame de Ohio. En 2001, o programa Lemelson-MIT Prize outorgou o seu premio de 100 000 dólares pola dedicación dunha vida a Damadian como "o home que inventou o escáner MRI".Lemelson-MIT Lifetime Achievement Award on Dr. Damadian as "the man who invented the MRI scanner"

O Franklin Institute de Filadelfia recoñeceu o traballo de Damadian no MRI co Bower Award in Business Leadership. Foi nomeado polos Knights of Vartan en 2003 "Home do Ano". En setembro de 2003, recibiu o Premio de Innovación en Biociencia de The Economist.

Creacionismo O 4 de febreiro de 2014, no debate Bill Nye–Ken Ham, Damadian foi un dos científicos que se gravou en vídeo indicando que crían no creacionismo da Terra nova para que o citase o presidente de Answers in Genesis, Ken Ham.

Notas

Véxase tamén Bibliografía James Mattson e Merrill Simon. The Pioneers of NMR and Magnetic Resonance in Medicine: The Story of MRI. Jericho & Nova York: Bar-Ilan University Press, 1996. . Donald P. Hollis. "Abusing Cancer Science: The Truth About NMR and Cancer", Chehalis, WA: Strawberry Fields Press, 1987. . Doug Sharp e Jerry Bergman. Persuaded by the Evidence: True Stories of Faith, Science, and the Power of a Creator, 2008.

Ligazóns externas FONAR corporate website "Nobel Prizefight" Cope's 1969 paper, pubmedcentral.gov; consultado o 14 de marzo de 2017. "Patent Fights Aplenty for M.R.I. Pioneer", nytimes.com; consultado o 14 de marzo de 2017.

Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia armenia