Why Hasn't Everything Already Disappeared? é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Deerhunter, publicado o 18 de xaneiro de 2019 a través do selo 4AD. O disco foi coproducido por Cate Le Bon, Ben H. Allen (que traballara anteriormente coa banda en Halcyon Digest e Fading Frontier), Ben Etter (que traballara como asistente de estudio no Fading Frontier) e a propia banda. O primeiro sinxelo, "Death in Midsummer", foi editado o 30 de outubro de 2018. Ese mesmo día anunciouse unha xira mundial para promover o traballo, que comezou o día 4 de novembro. O segundo sinxelo do álbum, "Element", foi lanzado o 6 de decembro. O álbum filtrouse o día 13 de decembro de 2018.

O cantante principal Bradford Cox describiu o álbum como un "álbum de ciencia-ficción sobre o presente".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Deerhunter Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums de 4AD