miniatura|Sementes da variedade Scarlet Emperor fotografadas en diversos estadios de madurez. As de maior tamaño e de cor máis escura son as máis maduras. miniatura|Sementes da variedade Judión de la Granja, cultivados na provincia de Segovia.

A faba de tres anos, feixón de tres anos ou faba loba (Phaseolus coccineus) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel e como planta ornamental.

Descrición

Esta especie ten a súa orixe nas montañas da América Central. A maior parte das variedades teñen flores vermellas e sementes de varias cores, malia que algunhas teñen flores e sementes brancas. A planta pode crecer até 3 m de altura.

Distínguese do feixón ou faba común (P. vulgaris) en varios aspectos: o cotiledón mantense no chan durante a xerminación e a planta é vivaz, con raíces tuberosas, aínda que sexa tratada frecuentemente como unha planta anual.

As fabas de tres anos, como todas as sementes do xénero Phaseolus, conteñen a proteína tóxica fitohaemaglutinina, que desaparece ao ferver, e, polo tanto, débense cociñar ben antes de as consumir.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Feixón (Phaseolus vulgaris). Faballón ou faba loba (Vicia faba). Faba de Lourenzá As fabas na cultura popular galega

Categoría:Phaseolus Categoría:Legumes Categoría:Fabáceas Categoría:Plantas rubideiras