Ana Belén Varela Miño, nada en Narón en 1978, é unha tradutora e poeta galega. Traxectoria Licenciada en Tradución e interpretación pola Universidade de Vigo, traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén foi tradutora na Audiencia Provincial de Lugo. Traduce ao galego e ao castelán.

No ano 2023 participou na Residencia Literaria da Cidade da Cultura.

Obras Poesía Asombrario, 2017. Concello de Outes. Onde nacen as hedras (2019). Edicións Xerais. Narrativa Runrún (2024). Vigo: Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-1176-331-8.

Traducións Edgar Allan Poe (2002). Berenice e outros relatos. Tradución ao galego de Ana Varela Miño. Ir Indo Edicións. Antía Otero (2018). "Yo escribo en...galego" [escolma de poemas]. En Nayagua: Revista de poesía, 3(27), 91-103. Tradución ao castelán de Ana Varela Miño. Fundación Centro de Poesía José Hierro. Virginia Woolf. Relatos de Virginia Woolf. Tradución ao galego de Ana Varela Miño. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.

Premios Certame de poesía Francisco Añón (2017), por Asombrario. VI Premio de poesía Gonzalo López Abente (2019) por Onde nacen as hedras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Xerais «Debémoslle moito a Rosalía e ás autoras que viñeron despois». Entrevista en La Voz de Galicia.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo