Lara Domínguez Araújo, coñecida como Lara do Ar, nada en Vigo o 25 de marzo de 1979, é unha profesora, tradutora e poeta galega.
Traxectoria Licenciada en Tradución e interpretación pola Universidade de Vigo, doutora en Tradución e Estudos Interculturais cunha tese sobre a avaliación para a aprendizaxe da interpretación na Universidade Autónoma de Barcelona, posgrao en interpretación de conferencias pola Universidade de Lisboa.
Intérprete, tradutora e profesora axudante da Universidade de Vigo. Comezou no recitado ao vivo nas Arroutadas Poéticas en 2000, participou en Hostia en verso e fixo slams e nova regueifa feminista nos anos dez. Ten publicados poemas e traducións en Dorna, Madrygal e o colectivo A3.
Ten colaborado en Viceversa. Revista galega de tradución e en varias obras colectivas. Participou no proxecto EACT sobre Avaliación na Adquisición da Competencia Tradutora coordinado pola UAB. Tamén é Experta en Lingua Oral para os Medios de Comunicación (USC) e especialista en Dobraxe (Uvigo).
Obras
Poesía Órbita (2019). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-613-1. ePub: ISBN 978-84-9121-604-9.
Tradución
Terrorista, de John Updike (2007). Xerais. ISBN 978-84-9782-619-8. Istambul. As lembranzas e a cidade de Orhan Pamuk (2008). Galaxia. ISBN 978-84-9865-144-7. George Steiner en The New Yorker, de George Steiner (2010). Xerais. Con Patricia Buján e Saleta Fernánez. ISBN 978-84-9914-087-2. A virxe e o xitano de D.H. Lawrence (2018). Irmás Cartoné. ISBN 978-8494541186.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Tradutores de Galicia