Norte, Hangganan ng Kasaysayan é un filme filipino de 2013 escrito e dirixido por Lav Diaz. Cunha duración de máis de catro horas, o filme explora temas como o crime, a clase e a familia. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2013, así como no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2013, na competición oficial do Festival de Cinema de Nova York, e no Festival de Cinema Asiático de San Diego de 2013, recibindo a aclamación da crítica pola súa narrativa e fotografía. O filme tamén catro premios, incluíndo o de mellor filme e mellor actriz nos Premios Gawad Urian de 2014.
Tivo unha estrea limitada en Filipinas o 11 de marzo de 2014 e nos cinemas o 10 de setembro de 2014. Foi escollido como candidato de Filipinas ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Sid Lucero como Fabian Angeli Bayani como Eliza Archie Alemania como Joaquin Angelina Kanapi como Hoda Soliman Cruz como Wakwak Hazel Orencio como Ading Mae Paner como Magda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Filipinas propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua tagala Categoría:Filmes de Filipinas Categoría:Filmes dirixidos por Lav Diaz