Tsotsi é un filme surafricano de 2005 escrito e dirixido por Gavin Hood e producido por Peter Fudakowski. É unha adaptación da novela Tsotsi de Athol Fugard e trátase dunha coprodución entre Suráfrica e o Reino Unido. A banda sonora contén música Kwaito interpretada polo artista surafricano Zola, así como composicións de Mark Kilian, e con Paul Hepker interpretando a voz do cantante e poeta Vusi Mahlasela.
Ambientado no slum de Alexandra en Xohanesburgo, o filme conta a historia de Tsotsi, un delincuene da rúa que rouba un automóbil e descobre que hai un bebé no asento traseiro.
O filme gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e foi nomeado ó Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa en 2006.
Personaxes Presley Chweneyagae como David / Tsotsi Mothusi Magano como Boston / Teacher boy Kenneth Nkosi como Aap Zenzo Ngqobe como Butcher Jerry Mofokeng como Morris Terry Pheto como Miriam Nambitha Mpumlwana como Pumla Dube Rapulana Seiphemo como John Dube Ian Roberts como Capitán Smit Thembi Nyandeni como Soekie Israel Makoe como pai de Tsotsi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suráfrica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua zulú Categoría:Filmes en lingua sesotho Categoría:Filmes en lingua tswana Categoría:Filmes de Suráfrica Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Gavin Hood Categoría:Óscar ó mellor filme internacional